Remata o obradoiro de Iniciación a Internet para os/as máis novos/as na aula de Castrelo de Miño

O obradoiro de Iniciación a Internet, organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, rematou con grande éxito na aula do  Concello de Castrelo de Miño.

Algunhas das actividades que aprenderon a realizar os rapaces e rapazas foron navegar pola Internet, procurar páxinas de interese, descargar imaxes, empregar os marcapáxinas para crear na aula un amplo cartafol de favoritos e enlaces interesantes para todos/as os/as usuarios/as da aula e aplicar algunhas das extensións máis coñecidas do Firefox para a súa personalización e mellora do rendimento, entre outras moitas.

A este obradoiro asistiron un total de 7 rapaces e rapazas e agárdase que a participación continúe nas novas actividades para os/as máis nov@s que seguirá a desenvolver a Aula de  Dinamización da Sociedade da Información no Concello de Castrelo de Miño, como o obradoiro de iniciación ao procesar de textos Writter, ou o obradoiro de creación de blogues plantexado para a vindeira semana.

Esperámoste!

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: