Ourense, Castrelo de Miño e Chaves presentan un proxecto conxunto sobre o seu patrimonio natural

En Castrelo de Miño contemplase a recuperación dos regueiros do Fragoso e da Cuqueira e dos seus muiños e adegas.

Alexandre Sánchez Vidal, tenente alcalde de Ourense, e o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez informaron aos medios na Casa do Concello de Ourense do proxecto que presentaron de forma conxunta co concello de Chaves e que terá un custo de 2.162.000 euros. Desta cantidade, os concellos integrantes pedirán a través dun programa europeo o 75% do custo, dos cales correspondería a Ourense 828.00 euros, a Castrelo, 598.00 euros e a Chaves, 735.000 euros. O programa leva por epígrafe Posta en valor do patrimonio e recursos endóxenos como motor do desenvolvemento económico transfronteirizo . Na capital actuará na zona das ribeiras do Loña e o seu entroncamento co río Miño. A través do programa realizarase un mapa de recursos naturais e un programa de revitalización da contorna natural. Na contorna do río melloraranse os accesos e construirase unha pasarela de madeira sobre o Loña, unha instalación de carácter turístico e hostaleiro e un carril bici, todo coordinado co castro de San Tomé .

O alcalde Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, explicou que o programa na súa zona chámase Os Regueiros do Pan e do Viño. Estamos a falar de dous regueiros paralelos que desembocan no río Miño. Ao longo do seu curso, nun deles, no Regueiro da Cuqueira hai asentamentos de adegas, e no outro, o Regueiro do Fragoso hai asentamentos de muiños.

Con este proxecto transfonteirizo o Concello de Castrelo de Miño pretende conseguir:
1. Recuperación do entorno dos dous regueiros.
Contémplase a total recuperación das canles dos regueiros e a limpeza das ribeiras.

2. Rehabilitación da aldea vitivinícola medieval da Cuqueira.

A aldea medieval da Cuqueira, é un dos primeiros poboados adicados en exclusiva á produción dos afamados viños da D.O. Ribeiro. Está conformado por 4 núcleos diferenciados de adegas que se asentan ás beiras do regueiro que as atravesa, e están unidas por unha ponte de orixe romana. As intervencións tamén teñen un carácter ambiental. Incluirán: Rehabilitación de adegas que contribúa a mellorar a imaxe de marca e prestixio da produción de viño da zona, Tratamento paisaxístico do conxunto da zona, con execución de camiños peonís, que favoreza a realización de visitas ás zonas de produción e cultivo. Construcción ou rehabilitación dunha edificación que acolla un espazo de información, cata e comercialización de viño.

3. Recuperación dos muíños do regueiro do Fragoso.

Neste regueiro proliferan antigos muíños a ambas as dúas marxes. Aquí traían os veciños de Castrelo de Miño e dos concellos próximos os seus cereais para moelos e poder elaborar o pan, entre outros produtos. Os obxectivos desta intervención contemplan a recuperación arquitectónica dalgúns dos muíños situados ao longo da súa canle e da limpeza da ribeira do regueiro, para aproveitar e gozar da riqueza e variedade do patrimonio natural e cultural desta zona.
4. Unión peonil do regueiro do Viño e do regueiro de Pan.

Procederase ao tratamento paisaxístico necesario do conxunto de ambas as dúas zonas, recuperando os camiños medievais que unían ambos os dous regueiros, que favorezan a realización de visitas ás zonas de produción de cultivo da Cuqueira e crearanse camiños peonís que sirvan de unión entre ambas as dúas zonas da Cuqueira e do Fragoso, coa finalidade de que a oferta cultural e de tempo libre sexa máis completa.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: