Anxo Quintana asina o acordo para a construcción dun Centro de Día Residencial e dunha Escola Infantil en Castrelo de Miño.

O vicepresidente da Xunta visitou hoxe o concello de Castrelo de Miño, onde asinou co alcalde o protocolo para a prestación de servizos sociais no municipio.

O acordo establece a creación dun centro de día residencial e unha escola infantil, que suporán un investimento de máis de 1,2 millóns de euros.

Estes dous novos equipamentos suporán unha inxección económica, coa creación de 20 postos de traballo de gran importancia para a vida local.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, asinaron hoxe no Salón de Plenos da Casa do Concello, o protocolo de colaboración para a prestación de servizos de igualdade e benestar a través de fórmulas de colaboración estable. No acordo recóllese o compromiso para a construción, mantemento e xestión dun centro de día residencial e dunha escola infantil, equipamentos que suporán un investimento superior aos 1,2 millóns de euros.

Políticas para a xente

Na súa intervención o vicepresidente da Xunta manifestou a súa satisfacción polo traballo conxunto realizado, que fixo posible o acto de hoxe, e agradeceulle ao concello a súa colaboración, que ten como resultado equipamentos “moi necesarios para o concello e para toda a comarca”. Para Quintana este acordo é un exemplo dos logros acadados polo Goberno galego, “que ten conseguido cambiar o centro de gravidade da política galega, que estaba moi centrado no cemento”, para cederlle o protagonismo ás políticas sociais, as políticas para a xente.

Segundo apuntou Anxo Quintana, o protocolo asinado hoxe responde ás necesidades sociais do concello de Castrelo de Miño, xa que suporá a posta en marcha de servizos demandados pola xente, como son un centro de día residencial para persoas maiores e persoas dependentes e unha escola infantil para nenos e nenas de cero a tres anos, un recurso que, ademais de ser educativo, “é un equipamento para a igualdade”. Estes dous servizos son ao mesmo tempo unha demostración da aposta do Goberno galego polo medio rural porque, tal como apuntou Quintana, “se queremos asentar poboación no medio rural é necesario dotalo de servizos para que conten aquí cos servizos sociais que hai en calquera cidade”.

Neste punto, o vicepresidente Quintana lembrou que investir en políticas sociais supón tamén xerar riqueza, especialmente nun concello como Castrelo de Miño, onde estes dous novos equipamentos suporán unha inxección económica, coa creación de 20 postos de traballo de gran importancia para a vida local.

Pola súa banda, o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, agradeceulle ao vicepresidente da Xunta a sinatura deste acordo, que suporá novos e mellores servizos para o concello onde, segundo apuntou, o 40 por cento da poboación ten máis de 65 anos de idade, unha cifra que duplica a media galega. Ademais, sinalou que a construción da escola infantil beneficiará aos máis de 30 nenos e nenas de idades comprendidas entre cero e tres anos que residen neste concello. Sinalou que este acordo era froito das negociacións e da labor de colaboración mantida durante o ultimo ano entre a Vicepresidencia e o Concello de Castrelo de Miño, e lembrou que desde o inicio do seu mandato mantivo sempre unha aposta decidida pola negociación directa e intelixente coas distintas consellerias. Mostrouse convencido de que este acordo permitirá ao Concello seguir avanzando, creando unha rede publica social, firmemente comprometida coas necesidades dos veciños e veciñas de Castrelo de Miño.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: