Curso sobre seguridade viaria e seguridade no traballo para condutores de maquinaria agrícola e forestal

A Consellería do Medio Rural, dende a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, realizou en Vide – Castrelo de Miño os dias 4 e 5 de Xullo de 2008, un curso de formación sobre “Seguridade Viaria e Seguridade no traballo para condutores de maquinaria agrícola e forestal”, dirixido a todo o colectivo de traballadores que pola súa actividade teñan que manexar ou estar ao cargo de calquera maquinaria vinculada ao sector agroforestal.


O obxectivo principal deste curso, totalmente gratuíto, foi o de formar aos traballadores acerca das normas e medidas básicas sobre o uso e mantemento da maquinaria co fin de reducir a siniestralidade laboral no sector agroforestal.

Este curso foi organizado conxuntamente entre o Concello de Castrelo de Miño e a Asociación de Veciños San Salvador de Vide. A parte práctica realizouse co tractor municipal e as clases teóricas no local da asociación.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: