Astillero alzouse coa bandeira de Campión de España.

Este domingo rematou o Campionato de España Absoluto de Remo cun rotundo éxito organizativo e proclamandose campión de España o 8 con temoneiro de Astillero que dedicaba este novo triunfo ao seu compañeiro falecido fai 6 meses en accidente de tráfico, o galego Miguel Fernández Lores. A final disputábase ao redor das 13:30 e por detrás de Astillero entraba a escasos 11 segundos o Real Club Náutico de Vigo colgandose así a medalla de prata, o que supón un gran resultado para o club vigués que ademais conseguía outra medalla de bronce en 1x sub-23 feminino con Merichel. En 3º lugar entrou o Club Náutico de Amposta que na semifinal se impuxera aos vigueses.

Pero o club galego máis destacado foi o Miño de Tui que gañaba o 4x absoluto masculino e quedaba 2º en 4 con temoneiro absoluto masculino. No 8+ lograba o 6º posto. E tamén o a categoria de veteranos conseguían dúas medallas de prata máis en 8+ e 4x.

O trofeo Paco Montes, que premia ao club mellor clasificado no medalleiro, levounoo o Real Circulo de Labradores de Sevilla que conta nas súas filas coa skifista Nuria Domínguez que aínda conta con opcións de acudir a Pequín tras quedar en 4º posto na regata clasificatoria disputada fai 10 días en Poznan. Nuria proclamouse Campiona de España na súa modalidade o 1x e tamén en 4x. E no 1+ absoluto masculino tamén gañaba o representante de Labradores alzandose co trofeo Carlos Bielsa.

Pola súa banda Héctor Regueiro do CN Castrelo de Miño disputou a FINAL B quedando 5º e mellorando o seu mellor rexistro. A próxima cita será o Cto. Galego de categorías inferiores que se disputará o vindeiro domingo e no que participarán 4 nenos de Castrelo de Miño.

Fonte: Club Nautico de Castrelo

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: