Castrelo de Miño ateigado de remeiros

Castrelo de Miño acollía onte a primeira xornada do campionato de España de clubs de piragüismo nas súas quendas eliminatorias entre as 16,00 e 21,00 horas, deixando para hoxe as repescas e semifinais nas distintas categorías e modalidades contempladas.
O complexo de turismo náutico de Castrelo de Miño vivía onte a primeira xornada do campionato de España por clubs en categoría xuvenil, absoluta e veteranos, tanto masculina como feminina, coas primeiras quendas eliminatorias, que se desenvolveron entre as 16,00 e 21,00 horas, cun tempo magnífico para a práctica deste deporte.

Nesta cita do remo nacional dispútanse os trofeos Paco Montes e Carlos Bielsa. O primeiro deles premia ao club español mellor clasificado nos campionatos nacionais xuvenil e sub 23, así como absoluto de remo olímpico, segundo a súa nomenclatura actual, independentemente de que no futuro crense novas competicións con carácter de campionato nacional noutros momentos da tempada. O trofeo Carlos Bielsa, pola súa banda, premia ao campión de España de skiff absoluto masculino de remo olímpico.

48 clubs

Un total de 48 clubs toman parte na disputa de ambos os trofeos, mentres que no campionato de España de veteranos inscribíronse un total de 32 clubs.

Na xornada dispútanse as repescas nas diferentes modalidades e categorías na xornada matinal -entre as 09,00 e 13,30 horas-, dando paso pola tarde á disputa das semifinais -entre as 16,00 e 21,00 horas-.

Xa o domingo, o prato forte do fin de semana coas finais A e B, entre as 09,00 e 13,00 horas- nun total de 26 probas.

Fonte: La Región
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: