Entregados os premios do concurso ” Navega polos ríos dixitais ca Anguía de Castrelo de Miño”

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información , iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Industria deu a coñecer onte na Aula de Dinamización do concello os/as dous/dúas finalistas e a gañadora do concurso para a elección da mascota da Aula da Rede de Dinamización da Sociedade da Información de Castrelo de Miño “Navega polos ríos dixitais coa anguía de Castrelo de Miño”, na que participaron os rapaces e rapazas do concello.

Esta iniciativa-concurso organizouse co gallo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, Día de Internet e o Día das Letras Galegas.

Con esta iniciativa pretendeuse dende este aula fomentar o uso das Novas Tecnoloxías, o software libre e o galego entre a poboación máis nova de Castrelo de Miño.

Debuxo gañador:

por Sara Gonzalez Senra

Debuxos Finalistas:

Joaquin Alvarez Mendez

Candela Justo Gomez

O xurado composto por cinco membros, considerou que a mascota gañadora demostraba a calidade do debuxo,e destacou que representaba perfectamente a realidade do concello. Así mesmo, o xurado quixo destacar a orixinalidade e esforzo de todos/as participantes e consideran que todos/as son gañadores/as.

A entrega de premios transcurriu animadamente e con grande expectativa por parte dos/das participantes.

A premiada recibiu o portátil Asus Eee con sistema operativo Ubuntu, e os finalistas un Mp4 para cada un. Todos/as os/as participantes recibiron un lote de agasallos da Rede de Dinamización camisetas, bolígrafos, e memoria usb, para agradecer o seu esforzo.

Noraboa a todos!: Gabriel, Adriana, Lucas, Ismael, Cristian; Candela; Sara, Joaquin, Ruth e Aaron.

Graciñas por participar!

*Os debuxos participantes están expostos na Aula de Dinamización do concello.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: