Entrega de premios do CONCURSO PARA A ELECCIÓN DA MASCOTA DA AULA DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE CASTRELO DE MIÑO.

Debuxos participantes no concurso

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información , iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Industria, desenvolveu durante o mes de maio diferentes iniciativas e concursos con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que coincide tamén co Día de Internet e o Día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Unha das iniciativas desenvolvidas foi o CONCURSO PARA A ELECCIÓN DA MASCOTA DA AULA DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE CASTRELO DE MIÑO.”NAVEGA POLOS RÍOS DIXITAIS COA ANGUÍA DE CASTRELO DE MIÑO” na que participaron os rapaces e rapazas do concello.

Mañá mércores, 18 de Xuño as 17:00 horas daranse a coñecer os/as dous/dúas finalistas e o/a gañador/a do concurso e seguidamente farase a entrega de premios e uns agasallos a todos/as os/as participantes.

Debuxo gañador: Ordenador ultraportátil Asus Eee

Dous debuxos finalistas. 2 Mp4
O acto celebrarase na Aula da Rede de Dinamización da SI de Castrelo de Miño, situada no primeiro andar do Complexo de Turismo Náutico do concello.

Non faltedes!

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: