BANDO 26/2008: CONVENIO COA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A REALIZACIÓN DE PRACTICAS PROFESIONAIS

O Concello de Castrelo de Miño asinou un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para a REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS, co fin de facilitar a preparación para o exercicio profesional dos estudantes universitarios que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • Estar matriculado nalgunha das facultades da Universidade de Vigo e ter superado o 50% dos créditos necesarios para obter o título universitario.
  • Estar matriculado nos dous últimos cursos de carreira no caso dos ensinos con plans antigos.
  • Estar elaborando o proxecto de fin de carreira.

As titulacións para as que se requiren estudantes son as seguintes:

  • Diplomatura en Xestión e Administración Pública.
  • Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión.
  • Licenciatura en Historia.
  • Diplomatura en Turismo.
  • Diplomatura en Traballo Social.

Os estudantes interesados en participar e que cumpran os requisitos poden achegar currículum vitae ao concello.

Neste ámbito, a axente de emprego e desenvolvemento local do concello está á súa enteira disposición nas oficinas municipais para atender as solicitudes ou calquera dúbida que lles poida xurdir.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: