A web do Concello de Castrelo de Miño, protagonista na Radio Neria da Costa da Morte

estudio de radio

A web de Castrelo de Miño será protagonista o vindeiro martes 10 de xuño na radio local da Costa da Morte, Radio Neria.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, a través dos seus dinamizadores de Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión e Muros, leva a cabo un programa de radio no que se informa das principais novidades referentes ás novas tecnoloxías.

O programa vense realizando todos os martes ás 13:30 horas na Radio Neria, no 107.8 da FM.

Ao longo do programa abórdase todo un amplo abano de información, curiosidades, e páxinas web de interese para que a xente olle as posibilidades que as novas tecnoloxías poden ofrecerlle na súa vida diaria.

Neste eido, a dinamizadora da Sociedade da Información do Concello de Castrelo de Miño, participará no programa presentado a web do Concello de Castrelo de Miño e os seus contidos, facendo fincapé sobre todo en iniciativas como Ollar Castrelo, favorecendo o coñecemento do Concello de Castrelo de Miño nas terras da Costa da Morte, así como convidar aos veciños de concellos como Fisterra, Corcubión, Cee, Vimianzo… a visitar a Comarca do Ribeiro.

Proximamente o blo da Radio Neria, adicará un espacio cos enlaces das webs suxeridas no programa.

Para máis información consulta o blo da Radio Neria

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: