Galicia logrou esta mañá completar dúas décadas de dominio ininterrompido no piragüismo español.

Os galegos dominaron as catro categorías de canoa con dobrete de Jose Luís Bouza en C-1, e vitorias dos irmáns Costa Bouzada en C-2 1.000 e Miguel Rodriguez Galbán e André Oliveira en 500. En Kaiak masculino Carlos Pérez impúxose en K-1 e o K-4 de Rodriguez, Alonso, Abal e Piña aproveitaron o envorco de Castela e León para lograr a sexta vitoria galega na matinal. Ademais destas vitorias dúas segundas prazas en damas para Teresa Portela en K-1 e para o K-4 de Portela, Piña, Vázquez e Varela e cuarta praza para Varela e Vázquez. En Kaiak masculino ademais das vitorias mencionadas dúas terceiras prazas para Jovino en K-1 1.000 e en K-2 500 en compañía de Piña e discreta 5ª praza para Perucho e Borja Prieto en K-2 1.000. Ao final Galicia sumou un total de 323 puntos por 286 para Asturias e 222 para Andalucia que aproveitou as súas opcións para superar a Castela e León que terminou cuarta con 203 puntos. Euskadi terminou na 5ª praza con 161 puntos por diante de Murcia, Cataluña, Estremadura, Madrid, Baleares, Castela A Mancha e Cantabria.

Consulta o álbum fotográfico da competición.

A xornada iniciouse coas probas masculinas sobre a distancia de 1.000 metros con vitoria do asturiano Javier Hernanz en K-1, do K-2 de Castela e León con Emilio Merchán e Alvaro Fernández Fiuza e con tres triunfos galegos: o C-1 de José Luís Bouza, o C-2 dos irmáns Costa Bouzada e o K-4 masculino con Roberto Rodriguez, Roberto Abal, Diego Piña e Iván Alonso. Estas tres vitorias non impediron que os asturianos fosen líderes do campionato unha vez completadas as 5 categorías sobre a distancia de 1.000 metros. Na final de K-1 dominio claro de Javier Hernanz que avantaxou en máis de tres segundos a Xullo Moreno de Estremadura e ao galego Jovino Gonzalez que foi terceiro. En K-2 1.000 metros viviuse a chegada máis igualada da xornada con vitoria de Castela e León. Emilio Merchán e Alvaro Fernández Fiuza impuxéronse por menos de medio segundo aos cataláns Corominas e Craviotto e aos asturianos Javier Noval e Miguel Fernández por menos dun segundo. En C-1 e C-2 resultados practicamente idénticos en 1.000 e 500 metros. José Luís Bouza non deu opción aos seus rivais e conseguiu o único dobrete en categoría individual. O canoísta de Kaiak Tudense deixou en mera anécdota a ausencia de Cal e os únicos que fixeron sombra ao galego foron o asturiano Rafael Menendez e Marcel Glavan da Selección de Murcia, segundos e terceiros respectivamente en ambas as distancias. En C-2 dobrete tamén para Galicia aínda que protagonizado por dúas tripulacións distintas, os irmáns Costa Bouzada en 1.000 metros e Miguel Rodriguez Galván e André Oliveira en 500. Detrás dos galegos Fernández e Garcia de Asturias e Cuenco e López de Andalucía en 1.000 metros e os mesmos protagonistas pero en orde inversa en 500. No K-4 masculino vitoria de Galicia con Roberto Rodriguez Leituga, Roberto Abal, Diego Piña e Iván Alonso que chegaron sos á meta despois de que a falta de 50 metros o K-4 de Castela e León envorcará logo de lidera practicamente toda a carreira cos galegos disputándolle a vitoria. A segunda praza foi para Asturias e a terceira posición para Castela A Mancha.

En categoría feminina Andalucia liderada por Beatriz Manchón apuraba as súas opcións de meterse no podium e lograba dúas vitorias fundamentais. No K-1 con vitoria da sevillana seguida moi de cerca por Teresa Portela e a asturiana Isabel García. En K-2 Bea Manchón e a moza Zorayma Cazorla completaron unha carreira sensacional e impuxéronse con máis facilidade da esperada ao resto de candidatas. A segunda praza para o K-2 de Sonia Molanes e Veronica Moreno de Estremadura e a terceira praza para Frade e Pedruelo de Castela e León. Precisamente Frade e Pedruelo xunto a Eva Barrios e Ainara Portela lograron a vitoria en K-4 sorprendendo ás galegas que foron segundas e a Estremadura que foi terceira.

En K-2 500 Emilio Merchán lograba a súa segunda vitoria da xornada en compañía de Diego Cosgaya cos asturianos Emilio Llamedo e Fernández Castañón a medio segundo do triunfo e os galegos Jovino Gonzalez e Diego Piña en terceiro lugar. E para rematar en K-1 Carlos Pérez non deu opción aos seus rivais e dominou a carreira de principio a fin co asturiano Javier Hernanz en segundo lugar e o andaluz Joaquín Montes terceiro.


Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: