O director xeral de xuventude visitou Castrelo de Miño para incluílo como un destino dos campamentos xuvenís da Xunta de Galicia

O principal motivo desta visita era observar sobre o terreo as condicións que ofrece Castrelo de Miño para convertirse nun destino dos campamentos infantís e xuvenís que organiza todos os veráns a dirección xeral de xuventude, como lle propuxera o alcalde de Castrelo de Miño nunha reunion mantida días atrás en Compostela.

O director xeral de xuventude, Rubén Cela, acompañado do Delegado en Ourense da Vicepresidencia, Chema Ferreiro, visitou o Concello de Castrelo de Miño. Foi recibido no salón de plenos da casa do concello, e posteriormente visitou distintas instalacións municipais. Esta visita é continuación da entrevista mantida en Santiago de Compostela co alcalde Xurxo Rodríguez Méndez.

No complexo de turismo náutico visitou o albergue municipal, as piscinas, o clube náutico, a aula de dinamización da sociedade da información, as distintas plataformas flotantes e as demais instalacións.

Tras escoitar as suxerencias que lle plantexou o alcalde e os concelleiros que acudiron a este encontro, manifestou que Castrelo de Miño ten as condicións idóneas para ser un dos destinos dos campamentos de verán organizados pola Xunta de Galicia. Tamén confirmou que Castrelo de Miño vai ser un destino de Naturalmente Galiza, un programa ambiental de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios de sendeirismo de dificultade media, rutas en kaiak e en bicicleta, actividades de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. O obxectivo é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza. Estas actividades desenvolverianse durante o outono e a primavera.

Con estas actuacións, vaise garantir a plena ocupacion do albergue de Castrelo de Miño, durante as estacións do verán (con nenos e rapaces) e durante a primavera e o verán con mozos e mozas de máis de 18 anos.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: