Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á reducción da súa xornada de traballo.

O pasado 3 de abril 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 64, a Orde do 17 de marzo de 2008, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á reducción da súa xornada de traballo. (VP440A).

Esta orde ten por obxecto regular o réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que se acollan á reducción da súa xornada de traballo.

Serán beneficiarios desta orde:

a) Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcional ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social, que se acollan á reducción de xornada.
b) Familias monoparentais en que a persoa solicitante, home ou muller sexa traballadora por conta allea e se acolla á reducción da xornada.
c) En ningún caso poderán se beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.

As axudas, na súa modalidade de pagamento único, seranlle concedidas aos traballadores que, a partir do 1 de novembro de 2007 e ata o 31 de agosto de 2008, se acollan a unha reducción da xornada de traballo de ata un máximo da metade da duración daquela para o coidado dun/dunha fillo/a menor de tres anos.

Os requisitos para poder optar a esta subvención son:

1. Estar inscritas nun municipio da Comunidade Autónoma galega, polo menos cun un ano de antelación á presentación da solicitude.
2. No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballador por conta allea ou ben autónomo.
3. Que o período solicitado non coincida co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.

O tempo máximo polo que se poderá conceder a axuda será de oito meses; e o tempo mínimo da reducción da xornada deberá ser de 60 días naturais.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de agosto de 2008.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: