Axudas a asociacións, fundacións e institucións culturais sen ánimo de lucro para equipamento e mellora de locias.

O pasado 9 de maio 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 89, a Orde do 29 de abril de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. (CD205A).

Esta orde ten por obxecto a subvencións destinadas á mellora dos locais das asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o ano 2008, no que atinxe á mellora do equipamento e mobiliario. Para os efectos desta convocatoria, enténdense por locais de asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro aqueles que son propiedade das citadas entidades, sitos en Galicia e que contribúan como sede destas entidades ao espallamento da cultura galega e da nosa identidade como pobo diferenciado.

Serán beneficiarios desta orde as asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes e no censo de actividades culturais da Consellería de Cultura e Deporte, e con domicilio social en Galicia, que teñan os seus locais en propiedade.

A dotación das axudas será:

  • Equipamento informático. Máximo por beneficiario 3.000 euros.
  • Equipamento audiovisual. Máximo por beneficiario 5.000 euros.
  • Material inventariable. Máximo por beneficiario 2.000 euros.
  • Equipamento escénico. Máximo por beneficiario 10.000 euros.
  • Mobiliario. Máximo por beneficiario 5.000 euros.
  • Sistemas de prevención e seguridade. Máximo por beneficiario 5.000 euros.
  • Arranxos interiores. Máximo por beneficiario 10.000 euros.
  • Arranxos exteriores. Máximo por beneficiario 10.000 euros.

A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 30.000 euros, que en ningún caso poderá exceder do 70% do proxecto que se vaia desenvolver.

A documentación a presentar para solicitar dita axuda será:

  • Solicitude cuberta consonte o modelo que figura no anexo I desta orde.
  • Fotocopia do DNI do solicitante, CIF da entidade e, se for o caso, un poder que habilite para representar a entidade para este efecto, outorgado polo órgano de goberno da entidade.
  • Declaración do solicitante das axudas solicitadas ou concedidas (anexo II).
  • Memoria explicativa e detallada do proxecto ou proxectos que se vaian desenvolver, en que se xustifique a necesidade.
  • Certificado do responsable da institución, comprometéndose a achegar a porcentaxe do orzamento do proxecto que lle corresponda, conforme o anexo III.
  • Orzamento relativo o proxecto ou proxectos que se van desenvolver.
  • Memoria, asinada polo responsable da institución, en que se describan as actividades ou programas levadas a cabo pola entidade, no ano 2007.
  • Memoria da entidade, onde se faga constar a súa traxectoria cultural.
  • Documentación que acredite a propiedade do edificio ou local da entidade.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 9 de xuño de 2008.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: