Axudas a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais relacionadas coa recuperación da memoria histórica.

O pasado 14 de maio 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 92, a Orde do 5 de maio de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais relacionadas coa recuperación da memoria histórica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. (CD205B).

Esta orde ten por obxecto a subvencións para o fomento da organización de actividades relacionadas coa recuperación da memoria histórica, en especial as de investigación, difusión e homenaxe ás vítimas da represión despois do 1936.

Entenderanse por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e á investigación, que contribúan ao espallamento do coñecemento da nosa memoria histórica, en especial aos acontecementos acaecidos despois de 1936, e da nosa identidade como pobo.

Serán beneficiarios desta orde as fundacións e asociacións culturais legalmente constituidas sen ánimo de lucro, con domicilio social en Galicia, así como as que realicen as súas actividades culturais en Galicia. Deberán estar incritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego ou no Rexistro de Fundacións de Competencia Estatal.

Proxectos subvencionables:

  • Aqueles que contribúan á recuperación da nosa memoria histórica e que sexan de interese cultural e social.
  • Investigación e homenaxe ás vítimas do golpe militar de 1936, así como sobre a represión exercida no franquismo.
  • Recolla de testemuños orais, tanto das vítimas como dos seus familiares, co fin da reconstrución da historia.
  • A recompilación de documentación escrita, en versión orixinal ou en soporte dixital, de documentos relativos ao levantamento militar de 1936, a posguerra e a construción da sociedade democrática galega.
  • A organización de cursos, congresos, seminarios ou xornadas así como a realización de exposicións acerca da recuperación da memoria histórica ou doutros temas relacionados coas vítimas deste período.
  • Recoñecemento de intelectuais, artistas e personalidades do mundo da cultura que teñan sido perseguidos, asasinados ou exiliados pola defensa das súas ideas.
  • A recuperación da historia das mulleres, da represión exercida sobre elas e dos nomes das que foron asasinadas, perseguidas, apresadas ou que se tiveron que exiliar neses anos.
  • Investigación sobre os bens requisados, a súa procedencia e o seu destino, así como a recuperación do patrimonio democrático histórico.
  • Reconstrución, a través de distintas expresións artísticas e culturais, de episodios históricos de especial relevancia.
  • Investigación de fontes documentais e actuacións xudiciais relativas á represión. Estudo histórico de centros penais, campos de concentración e outros espazos represivos.
  • Estudos sobre a participación dos galegos e galegas na Segunda Guerra Mundial e sobre as vítimas dos campos de concentración nazis.
  • Actividades encamiñadas ao recoñecemento do labor dos exiliados, á recuperación do patrimonio histórico-artístico desenvolvido nos países de destino e á homenaxe a todos e todas os que tiveron que abandonar o país para fuxir da represión.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 14 de xuño de 2008.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: