BANDO 23/2008: Programa de vacacions para maiores do imserso

O Concello de Castrelo de Miño informa que o imsersoorganiza distintos tipos de viaxes con obxecto de que poidan disfrutar dunhas merecidas vacacións, podendo optar ás seguintes modalidades:

  • Estancias en zonas costeiras para descanso e relax.
  • Viaxes culturais para adentrarse na historia e no arte de España.
  • Turismo de Natureza con rutas por paraxes pintorescos.
  • Intercambio con outros paises.

As persoas que desenxen participar deberán reunir algún dos seguintes requisitos:

  • Ser maior de 65 anos.
  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de pensións.
  • Ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior a 55 anos.
  • Pensionista de invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter en todos estos casos 60 anos cumpridos.

Poderán participar co seu conxuxe ó que non se lle esixen requisitos. Tamén poderán participar os fillos discapacitados cunha minusvalía mínima do 45% sempre e cando esta minusvalía lles permita viaxar e o fagan acompañados dos seus pais compartindo con eles habitación. En todo caso, deberá valerse por sí mesmo e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Para obter máis información sobre o “Programa de vacacións para maiores do imserso” (servizos que se ofrecen, previsión de prezos para a tempada 2008/2009, etc.) calquera interesado pode acudir ás oficinas municipais os luns e os mércores, en horario de 10:00 a 12:00, donde será atendido pola asistente social como persoa encargada neste ámbito.

Para poder participar no programa de referencia, deberase cumprimentar a pertinente solicitude (no modelo oficial que está a disposición dos interesados nos servizos sociais do concello).

As solicitudes serán procesadas e posteriormente baremadas polo Imserso para a adxudicación de prazas e o prazo de presentación para poder entrar neste proceso remata o día 13 de xuño de 2008. Nembargantes, o prazo de presentación manterase aberto ata o día 1 de decembro de 2008 para aquelas persoas que non formularan no seu momento a solicitude. Neste caso non haberá baremación e será acreditado para cubrir as posibles vacantes que poideran producirse.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: