A Consellería de Vivenda e Solo inviste 150.000 € nas obras do núcleo de Santa María

Esta actuación materializarase na sinatura dun convenio de Colaboración entre a Conselleira e o Alcalde do Concello de Castrelo de Miño que foi aprobado no Consello da Xunta de Galicia do pasado xoves. O investimento total previsto para esta actuación ascende a 187.500 euros.

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe Teresa Táboas, inviste 150.000 euros nas obras de mellora e acondicionamento do Núcleo de Santa María no Concello de Castrelo de Miño. O investimento total previsto para esta actuación ascende a 187.500 euros, dos que 80% é aportado pola Consellería.

Esta actuación en materia de mellora e recuperación de espazos públicos materializarase na sinatura dun convenio de Colaboración entre a Consellería de Vivenda e Solo e o Concello de Castrelo de Miño que foi autorizado hoxe polo Consello da Xunta.

O obxectivo desta actuación en materia de recuperación de espazos públicos consiste na mellora dos valores ambientais e urbanos no entorno do Núcleo de Santa María. Este núcleo está composto por unha serie de vivendas unifamiliares organizadas en dúas rúas principais que articulan lonxitudinalmente o núcleo e comunican coa igrexa.

As obras de reurbanización e mellora do ámbito consistirán na demolición dos diferentes pavimentos existentes, substituíndoos por outros de aspecto pétreo que se integren no núcleo. Tamén se mellorarán os espazos inmediatos ao cruceiro de pedra ubicado no centro do núcleo e a escaleira que dá acceso á igrexa. Tamén se acondicionarán outros elementos tradicionais como as escaleiras de acceso ás vivendas.

Ademais, as obras contempladas no convenio de colaboración prevén a canalización do tendido eléctrico e a instalación de novo alumeado público.

Esta actuación enmárcase nunha das liñas de actuación da Consellería de Vivenda e Solo que consiste no fomento da rehabilitación, recuperación e renovación dos centros históricos, dos tecidos urbanos degradados, das áreas de rehabilitación, do medio rural e das vivendas e edificacións destes ámbitos, mediante todo tipo de axudas e a sinatura de convenios de colaboración con outros organismos ou entidades.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: