BANDO 22/2008: Iniciativas para o Dia da Letras Galegas e o Dia de Internet

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de Maio, que coincide tamén co Día de Internet e o Día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información levará a cabo as diferentes iniciativas e concursos que a continuación se indican:

1. NAVEGA POLOS RÍOS DIXITAIS CA ANGUÍA DE CASTRELO DE MIÑO! Un concurso de debuxo para tódolos nenos entre 5 e 14 anos do para dotar a aula dunha mascota. O premio para os gañadores consistirá nun ordenador portátil e 2 reprodutores mp3.
2. OLLAR CASTRELO: ÁLBUM FOTOGRÁFICO DO CONCELLO
Un concurso fotográfico sobre Castrelo de Miño dirixido a tódalas idades. O premio para os gañadores consistirá nunca cámara fotográfica dixital e 2 memorias USB. As fotografias serán publicadas na web: http://www.castrelo.org

3. O “TREN QUE NAVEGA” POLA BEIRA DO MIÑO, ME LEVA, ME LEVA…
Mapa de lugares interesantes polos que navegar na internet.
Estas actividades desenvolveranse na Aula de Dinamización da SI de Castrelo de Miño, sita no Complexo de Turismo Náutico. De luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 21.00 horas.
Con ditas actividades e iniciativas preténdese implicar a toda a poboación no espírito de ditas celebracións: as novas tecnoloxías, o galego e a súa cultura.
Pódense consultar as bases dos diferentes concursos na web do concello: http://www.castrelo.org, e na Aula de Dinamización da SI

O que se fai público para xeral coñecemento, convidando a todos/as a participar nas diversas iniciativas e favorecer a presenza do Concello de Castrelo de Miño na rede e na Sociedade da Información, e apoiando que a nosa lingua ocupe tódolos ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade. O futuro do galego depende de nós.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: