CONCURSO PARA A ELECCIÓN DA MASCOTA DA AULA DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN DE CASTRELO DE MIÑO.


NAVEGA POLOS RÍOS DIXITAIS CA ANGUÍA DE CASTRELO DE MIÑO

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, coa colaboración do Concello de Castrelo de Miño promove esta iniciativa co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, que coincide tamén co Día Mundial de Internet, e convida a tódolos nenos entre 5 e 14 anos do concello a participar nesta actividade para dotar a aula dunha mascota.

QUE É?


Un concurso de dibuxo para dotar a Aula de Dinamización da SI de Castrelo de Miño de máscota, empregando como temática unha anguía, xa que é esta protagonista da festa e cultura popular do concello.

PARA QUEN?

O concurso está dirixido a tódolos nenos de 5 a 14 anos do concello.

COMO PARTICIPAR?

Para participar no concurso, os rapaces terán que facer uso das instalacións da Aula, así pois, non se aceptarán debuxos feitos fora da mesma; empregando os equipos e os programas de debuxo e retoque gráfico instalados nos equipos con sistema operativo Ubuntu, e polo tanto empregando Sofware Libre.
Para a elaboración dos debuxos, os nenos poden contar ca colaboración dos páis, dun adulto ou mesmo da dinamizadora da Aula, que resolverá as cuestións técnicas.
Para participar o menor terá que estar inscrito como usuario da Aula, ou ben pode facelo no momento que decida participar ou achegarse por primeira vez a Aula;os menores de dez anos deberán ter un permiso dos páis para inscribirse.
Os debuxos serán realizados durante o seguinte horario:
Do 12 ao 22 de maio, de luns a venres en horario de 16:00 a 18:00 horas.
Realizado o debuxo, será a dinamizadora quen axuste o formato do mesmo, do seu arquivo e da súa impresión.
Os debuxos estarán expostos na Aula da Rede de Dinamización, en papel e serán publicados na web do concello, baixo un nº de usuario.


COMO SE SELECCIONA A MASCOTA PREMIADA?

O 30 de maio coñeceráse o gañador, que sairá publicado na web do concello.
O xurado estará composto por catro membros do concello e teráse en conta a orixinalidade da mascota e a a visualidade da mesma.
O xurado fará a elección da mascota, sen coñecer o autor do debuxo da mesma. O dibuxo identificarase co nº de usuario, e trala elección da mascota, será a dinamizadora a quen desvele o datos do menor do debuxo premiado.
En ningún momento a dinamizadora intervirá na elección do xurado e comprometese a agochar os datos dos menores participantes.

CAL É O PREMIO?


O premio para o neno que debuxe a a mascota gañadora, será dun ordenador portátil, e para os dous nenos, cuios debuxos queden como finalistas, otorgaraselle un mp3 de premio.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: