BANDO 19/2008: LIMPEZA DA FRANXA DE PROTECCIÓN DE 100 METROS

O convenio de colaboración asinado entre este concello e a Consellería do Medio Rural para a participación na protección de núcleos rurais mediante a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais nas faixas de especial protección, establece que estas actuacións abranguerán, polo menos, unha franxa de 100 metros arredor de calquera edificación, urbanización, obras, instalacións industriais ou eléctricas, situadas a menos de 400 metros do monte.

Polo exposto, prégrase a tódolos propietarios de parcelas que estean interesados na limpeza da franxa de protección de 100 metros arredor de calquera edificación, urbanización, obras, instalacións industriais ou eléctricas, situadas a menos de 400 metros do monte, acudan ás oficinas municipais co fin de solicitar dita limpeza.

Así mesmo, comunícase que en base ao convenio anteriormente mencionado, o concello procederá a realizar tódalas limpezas de fincas pendentes solicitadas no ano 2007.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: