Subvencións para a renovación de instalacións eléctricas no interior de edificios e vivendas habitadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O pasado 16 de abril de 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 73, a Orde do 1 de abril de 2008, da Consellería de Innovación e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a renovación de instalacións eléctricas no interior de edificios e vivendas habitadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 (IN410B).

Esta orde ten por obxecto establecer axudas e subvencións con cargo o programa de renovación integral, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, das instalacións eléctrica de baixa tensión que foran executadas e postas en servizo con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1975, no interior de edificios e vivendas habitadas.

Serán beneficiarios desta orde:
– Os propietarios e comunidades de propietarios de vivendas habitadas, que procedan a renovar a instalación obxecto de subvención. Non podendo ser beneficiarios tanto as comunidades de bens como as sociedades mercantís.

A contía máxima da subvención para cada instalación obxecto de renovación ascende ata o 50 % do investimento (IVE incluído) cun máximo de:
1. Interior de vivenda, incluído derivación individual: 1.000 euros.
2. Servizos comúns, incluíndo a caixa xeral de protección, liña repartidora e centralización de contadores:

a. Instalación ata 10 abonados: 150 euros/abonado.
b. Instalación entre 11 e 25 abonados: 125 euros/abonado.
c. Instalación de máis de 25 abonados: 100 euros/abonado.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 16 de maio de 2008.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: