Comenzo da actividade da Aula de Dinamización da Sociedade da Información

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información informa do inicio da actividade da Aula de Dinamización da Sociedade da Información o vindeiro Xoves 10 de Abril do 2008, que se desenvolverá co seguinte horario:

De luns a venres, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

collage-1web.jpg

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria está enmarcada dentro do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria), como unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a desenvolver iniciativas relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos. Entre os seus obxectivos están:

-. Promover o uso das NTIC na poboación, facendo especial fincapé naqueles colectivos onde a fenda dixital faise máis evidente.

-. Dinamizar as PEMEs e microPEMEs galegas, mostrándolles as vantaxes da S.I. para o desenvolvemento rural, empresarial, industrial e cultural de Galiza.

-. Utilizar eficientemente os recursos tecnolóxicos existentes de modo que permitan o acceso da poboación en xeral á utilización das aulas dispoñibles e acompañar e formar a cidadanía no acercamento a Sociedade da Información.

-. Crear e consolidar a figura de dinamizador/a da Sociedade da Información, que serán axentes que dirixirán a súa actuación con actividades e iniciativas ás persoas con menos capacidade de acceso a S.I.

Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

Neste ámbito, a Dinamizadora da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do concello, está a enteira disposición na Aula, para atender a calquera dúbida ou consulta.

p1030622web.jpg
CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE)
AULA DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Complexo de Turismo Nautico, 1º andar
Avda. Alejandro Ferrer, S/N.
32430. As Cortiñas. CASTRELO DE MIÑO.
Telf.: 664477124
Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: