A cidade de Vigo será a candidata española a organizar a Universiada do ano 2013, e conta cas instalación naúticas de Castrelo de Miño

 A cidade de Vigo será a candidata española a organizar a Universiada do ano 2013, tras derrotar na votación final por 15 votos a 8 a Murcia, a outra aspirante española, segundo informou o tenente de alcalde da cidade galega, Santiago Domínguez.

Unha vez elixida a cidade española candidata a organizar as Universiada 2013, o Consello Superior de Deportes terá que presentar na sé da FISU, en Bruxelas, o proxecto da candidatura galega, que será estudado e evaluado por este organismo entre o 16 e o 30 de maio.

Posteriormente, o 31 de maio, Vigo deberá defender o seu proxecto ante a comisión da Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU) en Bruxelas, que será a encargada de decidir quen organizará estes xogos.

Así pois  La Voz de Galicia publicaba onte unha nova a cerca  da  vila olímpica para 10.000 persoas e novas instalacións en Vigo, para a celebración da Universiada 20013.

O comité organizador só facilitou algúns datos do proxecto co argumento de que a súa difusión pode minguar as posibilidades de ser elixida.

Primeiro pola competencia de Murcia e logo das outras catro cidades do mundo.
A pesar diso, sábese que o núcleo da proposta é a construción dunha vila olímpica nunha parcela de 150.000 metros cadrados anexa ao campus universitario vigués. Alí residirán os 10.000 deportistas e técnicos de 170 países que está previsto participen no evento dentro de cinco anos.
Estes 2.500 apartamentos para catro persoas consumirán unha gran parte dun investimento que superará os 300 millóns de euros, aínda que non hai cifras concretas. O resto do diñeiro destinarase a reconstruír o estadio de Balaídos bancada a bancada (mentres segue utilizándoo o Celta) e constrúense algunhas instalacións na prevista Cidade do Deporte de Valladares. Este proxecto figura no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que está a piques de aprobarse. Entre outras, un gran pavillón e dúas piscinas.
O resto das competicións celebraranse en instalacións xa existentes de Vigo, Pontevedra e Castrelo de Miño (Ourense), os tres campus da Universidade viguesa.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: