seleccionesfemeninas0011.jpg

Xa están en Castrelo as Seleccións Nacionais de Rumanía (masculina e feminina), consideradas unas das grandes favoritas para os ouros dos JJOO de Pekín de outtriger a 8 con timonel e scull a 4 feminino, co obxecto de iniciar a súa preparación en Castrelo de Miño cara a participar no Open das Nacións que se celebrará o próximo fin de semana. Á fronte dos seleccionados rumanos, que chegaban a Peinador ao filo das oito e media da tarde, Dimitre Popescu considerado un dos máis prestixiosos técnicos a nivel mundial e toda unha lenda do remo internacional, que conta no seu palmarés con catro medallas olímpicas: unha de ouro, dous de prata e outra de bronce, e que foi un dos heroes da Escuadra Rumana nos Xogos Olímpicos celebrados en Barcelona.En total a expedición rumana compóñena trece atletas a máis diso Dimitrie Popescu. Prácticamente todos os seus compoñentes son campións mundiais, ben na categoría senior, como na sub-23 como na junior ou nas categorías femininas. O equipo feminino conta con Anca Costea, Mihaela Coteata, Lonela Curelet e Ramona Voicu. Marius Bacaoanu, Stefan Despina, Nicusor Ghebosu, Ciprian Luchian, Vladut Luchian, Gheorghita Munteanu e Valentín Piticariu conforman os oito atletas do 8 rumano, que será completado polo timonel. Os próximos en chegar Suecia hoxe sábado.’
 

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: