MARÍA JOSÉ CARIDE PRESIDE O INICIO DOS TRABALLOS DE MELLORA DOS ACCESOS A CASTRELO DE MIÑO, QUE INCLÚEN UNHA NOVA PONTE SOBRE O RÍO

o20c10f21.jpg
resizephp.jpg
Preme para ver video:
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, presidiu hoxe o inicio dos traballos de mellora dos accesos a Castrelo de Miño, que inclúen construción dunha nova ponte sobre o río Miño e a reforma das estradas Castrelo de Miño-Ponte Castrelo (OU-402) e Ponte Castrelo-Val de Pereira (OU-403). Estas obras, que suman unha lonxitude de 3,4 quilómetros, supoñen un investimento de 3,9 millóns de euros, incluídas as expropiacións dos terreos necesarios nos termos municipais de Castrelo de Miño e Ribadavia.A actuación máis significativa que vai acometer a Consellería de Política Territorial é a construción da nova ponte sobre o Miño, paralela á actual Ponte Castrelo, que unirá Ribadavia e Castrelo de Miño. A nova ponte terá un ancho total de 10,30 metros, con dous carrís de 3,5 metros cada un, o que supón duplicar a anchura da Ponte Castrelo, de apenas 5 metros. Esta nova ponte terá unha lonxitude de 180 metros, repartidos en tres vanos de 50, 80 e 50 metros respectivamente. As dúas pilas que sustentarán a ponte terán unha altura de 25 metros.

Canto ás obras de mellora do actual trazado das estradas, estas incluirán pequenos treitos en variante para rectificar algunhas curvas. A actuación supón a mellora e ampliación da estrada Castrelo de Miño-Ponte Castrelo (OU-402) en 1,7 quilómetros nas inmediacións do núcleo do Pazo, comunicando as localidades de Padreiro, A Ponte e Castrelo de Miño ata cruzar o Miño a través da ponte de nova construción. A partires de aí, as obras continuarán pola estrada Ponte Castrelo-Val de Pereira (OU-403) noutros 1,7 quilómetros ata o núcleo de San Paio, nas inmediacións de Val de Pereira. Unha vez rematadas as obras, a estrada OU-402 quedará cunha plataforma total de 7 metros de ancho formada por dous carrís de 3 metros cada un e dúas beiravías de 0,50 metros (fronte aos 6 metros da calzada actual sen beiravías), mentres que a estrada OU-403 terá 8 metros de ancho constituídos por dous carrís de 3,50 metros e dúas beiravías de 0,50 metros (fronte aos 5 metros actuais sen beiravías).

Mellora da vella Ponte Castrelo
Con anterioridade ao inicio das obras de construción da nova ponte, a CPTOPT ven desenvolvendo diversos traballos de reparación da vella Ponte Castrelo cun investimento de 300.000 euros. Estas obras baséanse na limpeza da pedra, no reforzo e substitución de elementos metálicos en mal estado e na substitución do firme tanto da calzada para vehículos como do paso para peóns. Esta ponte, polas súas propias características construtivas e antigüidade, presenta importantes limitacións tanto de gálibo como de peso autorizado, polo que as obras que se están a realizar nela, xunto co desvío do tráfico pola nova ponte cando estea construída, permitirán prolongar a súa funcionalidade e durabilidade.

Outras actuacións na zona
Xunto coas actuacións nos accesos a Castrelo de Miño, a Consellería de Política Territorial está xa a acondicionar e anchear o treito inmediatamente anterior da estrada OU-402, entre Feá e Castrelo de Miño, ao longo de 13,5 quilómetros, nos que se están a investir 3,7 millóns de euros.

A CPTOPT tamén está a construír outra nova ponte sobre o Miño incluída na variante de Cortegada da estrada OU-133 Cortegada-Filgueira. Neste caso, o investimento é de 7,1 millóns de euros en 3 quilómetros de estrada, nos que se inclúen os 260 metros da nova ponte. Esta actuación continúase dende Filgueira con outras dúas, tanto cara A Cañiza (9,2 millóns na mellora de 10 quilómetros) como cara a Ribadavia (6,6 millóns en 5 quilómetros).

Advertisements

Unha resposta

  1. Á Conselleira tiña que ver como estas obras que o que fan e anchear 50 cm a estrada, estan deixando a estrada, coa perigosidade que significa para o trafico desta OR 402, con barros, lamas, areas, pedras no medio das curvas, curvas sen gardarrais nin sinalizacións, en fin se vos toca pasar por Castrelo de Miño todos os dias co coche mellor que o fagades en tractor se non queredes ter un accidente ou acabar co coche estragado. (se algo queremos algo nos debe custar)

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: