Este xoves 31 de Xaneiro ás 18:00 tivo lugar a presentación do II Descenso Internacional de Remo do Ribeiro “Open das Nacións” no Stand que Turgalicia ten instalado en FITUR (Feira Internacional do Turismo de Madrid). O acto estivo presidido por D. Xurxo Rodríguez Méndez, Alcalde de Castrelo de Miño, D. Ignacio Rodríguez, Director Xeral do Xacobeo e D. Francisco Quiroga, Presidente de AGAN (Asociación Galega de Actividades Náuticas), unha das entidades organizadoras.
O II Descenso Internacional de Remo do Ribeiro “Open das Nacións” para equipos 8+ masculino e 4x feminino terá lugar os días 1 e 2 de marzo de 2008 no encoro de Castrelo de Miño (Ourense), única pista olímpica de Galicia, está organizado polo Real Club Náutico de Vigo, o Club Náutico de Castrelo de Miño, a Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) en colaboración coas Federacións Portuguesa, Española e Galega de Remo. Por outra banda conta co patrocinio da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Turismo, Dirección Xeral de Deporte Dirección Xeral para a Igualdade), Fundación Deporte Galego, Deputación de Ourense e o Concello de Castrelo de Miño. Ademais de contar co patrocinio de Caixanova e Estrela Galicia.
Neste “II Descenso Internacional” presentáronse dous formatos de regata: Por unha banda, unha regata de longa distancia: Descenso de 6500 metros con saídas por embarcacións a intervalos de 30 segundos, efectuándose a competición polo sistema de contrarreloxo.
E por outra banda unha regata de velocidade: consistente en 1000 metros en pista en quendas dun máximo de 6 rúas, saíndo aliñados e efectuándose a competición tamén polo sistema de contrarreloxo.
Faranse por tando dúas clasificacións diferenciadas: unha de Longa Distancia e outra de Velocidade, tanto de participantes masculinos como femininos.
Un dos obxectivos é principalmente ademais de fomentar a práctica do remo é o de dinamizar un territorio como é O Ribeiro cun gran potencial como destino turístico. O I Descenso celebrado o pasado ano serviu como presentación internacional do Parque Náutico de Galicia e da súa única pista de remo olímpica que se pretende potenciar como lugar de adestramento de seleccións nacionais tal e como xa está facendo Portugal.’
Fonte: Masmar
Preme para ver video:
Deixar unha resposta