Adxudicadas as obras de mellora dos accesos a Castrelo de Miño por 2,8 millóns de euros

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia a adxudicación das obras de mellora dos accesos a Castrelo de Miño, que inclúen o acondicionamento das estradas Castrelo de Miño-Ponte Castrelo (OU-402) e Ponte Castrelo-Val de Pereira (OU-403). Estas estradas, nas que se investirán 2.864.923,98 euros, suman un percorrido de 3,4 quilómetros e atravesan os termos municipais de Castrelo de Miño e Ribadavia.

Ponte Castrelo

As obras de mellora do actual trazado da estrada incluirán a construción dunha nova ponte sobre o río Miño e de pequenos treitos en variante para rectificar algunhas curvas. O proxecto construtivo contempla a mellora e ampliación da OU-402 nas inmediacións do núcleo do Pazo, comunicando as localidades de Padreiro, A Ponte e Castrelo de Miño ata cruzar o Miño a través da ponte de nova construción. A partires de aí, as obras continuarán pola estrada OU-403 paralela ao encoro ata o núcleo de San Paio, nas inmediacións de Val de Pereira. Una vez rematadas as obras, a estrada OU-402 quedará cunha plataforma total de 7 metros de ancho formada por dous carrís de 3 metros cada un e dúas beiravías de 0,50 metros. A estrada OU-403 terá 8 metros de ancho constituídos por dous carrís de 3,50 metros e dúas beiravías de 0,50 metros. Pola súa banda, o viaduto sobre o río Miño disporá dunha calzada de dous carrís de 4 metros cada un deles.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: