Éxito de participación na 9ª edición da San Silvestre

En Castrelo de Miño dispútouse nas inmediacións do Complexo de Turismo Náutico unha das probas de San Silvestre máis antigas de Galicia. Foi a novena edición da proba organizada polo Club Atletismo Ribeiro co colaboración do Concello de Castrelo de MIño. Organizarnose dúas carreiras, unha de escolares e outra absoluta. A proba escolar de Castrelo tivo a súa saída ás 16,00 horas. Os participantes diron unha volta ao circuíto para completar unha distancia de 2.000 metros. Mentres, ás 16,30 horas, deuse a saída á proba absoluta para percorrer 6.000 metros tras completar as tres voltas programadas pola organización ao circuíto. A inscrición na San Silvestre 2007 de de Castrelo de Miño achegouse xa aos 400 participantes, entre os atletas profesionais e os afeccionados.

SAN SILVESTRE

David Rodríguez e Iria Fernández volveron deixar claro que son os fondistas en mellor forma de Ourense. Os dous despediron o ano gañando en Castrelo de Miño.

Xa son nove as edicións nas que os atletas ourensáns poden despedir o ano de forma deportiva, xa sexa competindo ou ben nunha xornada de festa. Para iso dispón da San Silvestre de Castrelo de Miño, que na última tarde do ano brinda esa oportunidade.

Disputouse o luns pola tarde unha proba que viu en categoría absoluta gañar aos atletas de Academia Postal David Rodríguez e Iria Fernández, que non tiveron problema para revalidar os seus títulos. Segundo era Manuel Prieto (Adas), que se adaptaba mellor ao curto circuíto que José Antonio Paz (Academia), finalmente terceiro. En mulleres, Nícol Campo tiña menos problemas para ser segunda, seguida de Begoña Doniz (Veteranos Pavillón).

Os máis pequenos Antes da carreira absoluta que este ano foi sobre 5.100 metros, disputábase a proba escolar na que o primeiro clasificado era o académico Alejandro Pérez, sendo segundo o atleta local David Casas e terceiro Jacobo Pérez. Tras eles entraba primeira clasificada Paula García, unha nadadora que tamén se move ben en terra. Laura Pimentel, curiosamente tamén nadadora e recentemente subcampeonato galega absoluta, era finalmente segunda.

Advertisements

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: