Éxito de participación na 9ª edición da San Silvestre

En Castrelo de Miño dispútouse nas inmediacións do Complexo de Turismo Náutico unha das probas de San Silvestre máis antigas de Galicia. Foi a novena edición da proba organizada polo Club Atletismo Ribeiro co colaboración do Concello de Castrelo de MIño. Organizarnose dúas carreiras, unha de escolares e outra absoluta. A proba escolar de Castrelo tivo a súa saída ás 16,00 horas. Os participantes diron unha volta ao circuíto para completar unha distancia de 2.000 metros. Mentres, ás 16,30 horas, deuse a saída á proba absoluta para percorrer 6.000 metros tras completar as tres voltas programadas pola organización ao circuíto. A inscrición na San Silvestre 2007 de de Castrelo de Miño achegouse xa aos 400 participantes, entre os atletas profesionais e os afeccionados.

SAN SILVESTRE

David Rodríguez e Iria Fernández volveron deixar claro que son os fondistas en mellor forma de Ourense. Os dous despediron o ano gañando en Castrelo de Miño.

Seguir lendo