Castrelo de Miño prepárase para afrontar novos retos internacionais.

Este xoves visitarán as instalacións náuticas municipais Lionel Girard representante da Federación Internacional de Remo (FISA) acompañado do Presidente da Federación Española de Remo e o Presidente da Federacion Galega de Remo.
A FISA, nunha reunión mantida en Vichy-Francia aceptou a solicitude do Concello de Castrelo de Miño e da Federación Española, e concedeulles a organización da “Copa da Xuventude [...]

Súbete ao Noitebús de Castrelo.

O Concello de Castrelo en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade vai comezar o vindeiro sábado 28 de Novembro o servizo de Noitebús. Todos os sábados á noite, un autobús percorrerá todos os núcleos de poboación de Castrelo de Miño e achegará, en dúas rutas, aos veciños e veciñas interesados en ir pasar a noite [...]

I Open de Pesca de Carpa do Ribeiro, no Parque Náutico este domingo 8 de novembro

III Concentración de Coches Clásicos Castrelo de Miño

II Open Internacional Black Bass Galicia 2009

O 17 e o 18 de outubro terá lugar a II Edición do Open Internacional Black Bass Galicia 2009, organizado polo clube Pesca Sport Ribeiro.
O sábado 17 de outubro as actividades realizaranse no encoro e nas instalacións do complexo de turismo náutico de Castrelo de Miño.
Máis información e inscricións na web: www.pescaribeiro.es

O acondicionamento de sendeiros atraerá pescadores e visitantes ás ribeiras do Miño

O Concello de Castrelo de Miño iniciou os traballos de acondicionamento de sendeiros en varios tramos das ribeiras do Miño con vistas a mellorar o acceso aos pescadores que son asiduos desta contorna e atraer a novos deportistas, e mesmo visitantes amantes da natureza.
O proxecto denomínase “Os camiños dos pescadores de Castrelo de Miño” e [...]

Participa na II Marcha a pé e en BTT ao Coto de Novelle

Apúntate: http://www.nstclub.com/Preinscripcion-Online-ruta-Miño-Novelle-09

Campionato Galego de Kaiak-Polo este domingo 30 de Agosto en Castrelo de Miño

horarios kaiak-polo castrelo de miño

Video sobre o campamento infantil no Parque Náutico

O Concello de Castrelo de Miño acolle esta semana a corenta nenos de diferentes Núcleos de Sostibilidade de Galicia nun campamento dedicada a fortalecer os bos usos medioambientais

Organizado pola Asociación Galega de Actividades Náuticas financiado pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras e coa colaboración do clube Náutico de Castrelo de Miño.
Están aloxados no albergue municipal ubicado no Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño 9 nenos de A Bola, 14 nenos de Pontecaldelas, 7 nenos de Poio, [...]

Participa na XV Festa da Anguía

Xa están avanzados os traballos de mellora e ampliación do sendeiro de Casardeita á Ermida e da mellora da praza da festa do Santiago

As melloras consisten na limpeza, ampliación e mellora do camiño/sendeiro que une os pobos de Casardeita e a Ermida, e que pasan polo campo da festa do Santiago. Nesta zona estase tamén achandar a superficie irregular, e realizarase unha nova pavimentación.