BANDO 15/2011: CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que nos próximos días, e unha vez publicado no BOE, abrirase o proceso para cubrir en réxime de interinidade unha praza de Auxiliar Administrativo – Secretaría do Xulgado de Paz no Concello de Castrelo, sendo a titulación mínima requirida o graduado en ESO. [...]

BANDO 14/2011: CONTRATACIÓN DE 4 TRABALLADORES PARA DIFERENTES OBRAS/SERVIZOS.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que esta Alcaldía, vai solicitar á oficina de emprego de Ribadavia oferta pública de emprego para a contratación de: • 1 animador social a media xornada cunha duración de contrato de oito meses para a obra/servizo “Dinamización turística, sociocultural e deportiva dos recursos [...]

BANDO 12/2011: CONTRATACIÓN DE 2 TRABALLADORES PARA LABORES DE LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO.

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que esta Alcaldía, vai solicitar á oficina de emprego de Ribadavia oferta pública de emprego para a contratación de: • un capataz de obras públicas • un peón de obras públicas Realizarase un contrato de obra/servizo para as labores de limpeza e [...]

BANDO 11/2011: BOLSA DE PRÁCTICAS PARA ESTUDANTES

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que o Concello de Castrelo de Miño asinou convenios de cooperación educativa coas universidades galegas e con distintas entidades educativas e formativas para a realización de prácticas preprofesinais, co fin de facilitar a preparación para o exercizo profesional dos estudantes que cumpran [...]

BANDO 10/2011: BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que para a cobertura de postos de traballo que xurdirán no Concello, créase unha bolsa de emprego municipal para cubrir as necesidades puntuais de contratación de persoal por parte desta administración. A bolsa de traballo municipal permitirá facilitar o acceso ao mercado [...]

ANUNCIO: RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓN LABORAL DUN AXENTE TIC

Anuncio resultado do proceso selectivo para contratación laboral dun axente TIC

Lista definitiva de admitidos para o posto de traballo dun Axente TIC para o Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica.

Lista de admitidos para axente TIC

Un almanaque promociona Castrelo de Miño con fotografías de todas as parroquias.

Traballadores do Concello de Castrelo de Miño remataron de repartir nestes días por todas as casas do municipio un almanaque turístico e promocional. As autoridades locais consideran que se trata dunha iniciativa coa que se pretende ‘pór en valor os recursos turísticos e patrimoniais’, segundo apuntou o alcalde Xurxo Rodríguez e tamén promocionar “o comerzo [...]

O concello de Castrelo de Miño vai construír unha residencia para maiores

Será unha vivenda comunitaria na que se lle prestará atención a 12 persoas. É a segunda fase do proxecto de atención aos maiores de Castrelo iniciado nesta lexislatura, será financiada con fondos europeos, e situarase en Puxeiros á beira do Centro de Día que actualmente se atopa a piques de finalizar a súa construcción. As obras [...]

Curso de Cata de Viños en Castrelo de Miño. Inscricións por rigurosa orde de solicitude telefónica.

O concello de Castrelo de Miño abriu as básculas municipais para a vendima

O concello de Castrelo de Miño dispón de dúas básculas de grande tonelaxe que están abertas durante todo o ano para operacións de peso e tara, pero que nas datas da vendima abre todos os días cun horario determinado e ampliado. Este horario de apertura comezou o pasado venres 17 de setembro e manterase até [...]

A produtora Xamalú filmes está gravando en Castrelo de Miño parte do documental “Vidas virtuais – Granxeiros virtuais”

A produtora Xamalú filmes durante esta semana está realizando diversas gravacións en Castrelo de Miño para o seu documental “Vidas virtuais – Granxeiros virtuais”. Esta mañá estiveron realizando unha entrevista ao alcalde de Castrelo de Miño para informarse sobre o primeiro encontro de granxeiros virtuais que se realizou no mes de decembro de 2009 no [...]

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.