O acondicionamento de sendeiros atraerá pescadores e visitantes ás ribeiras do Miño

O Concello de Castrelo de Miño iniciou os traballos de acondicionamento de sendeiros en varios tramos das ribeiras do Miño con vistas a mellorar o acceso aos pescadores que son asiduos desta contorna e atraer a novos deportistas, e mesmo visitantes amantes da natureza.
O proxecto denomínase “Os camiños dos pescadores de Castrelo de Miño” e [...]

Xa están avanzados os traballos de mellora e ampliación do sendeiro de Casardeita á Ermida e da mellora da praza da festa do Santiago

As melloras consisten na limpeza, ampliación e mellora do camiño/sendeiro que une os pobos de Casardeita e a Ermida, e que pasan polo campo da festa do Santiago. Nesta zona estase tamén achandar a superficie irregular, e realizarase unha nova pavimentación.

Comezaron os traballos de reforma e mellora da fonte-lavadoiro de Ramiras

Xa están avanzados os traballos de mellora e reforma da fonte-lavadoiro de Ramiras. Procedeuse a retirada do tellado de uralita e soportes de ferro, e á mellora e sellado dos depósitos de auga. Xa están tamén colocadas os novos pilares de granito sobre os que irá situado o novo tellado de madeira e tella do [...]

Comezaron as obras de mellora do entorno da praza de Astariz

É un dos proxectos do Fondo Estatal de Inversión Local, e ten un importe de 46.455 euros.

Rematadas as obras de ampliación e mellora do camiño de Fontefría en Troncoso.

As obras de ampliación e mellora do camiño de Fontefría en Troncoso permite que os veciños de Troncoso dispoñan dun novo acceso á parte alta do pobo.

Comezou a limpeza dos regueiros de Castrelo de Miño

O pasado 4 de xuño o alcalde de Castrelo de Miño e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, mantiveron unha reunión de traballo na que o alcalde lle trasladou a necesidade de limpar as marxes de dous regueiros que atravesan o municipio e que son afluentes do Miño, o Fragoso e o Cuqueira. Fernández [...]

Instalación de novas barandillas en zonas de risco.

Foron instaladas en tres zonas de risco, na praza de Ramiras, no campo da festa de Santo Estevo, e na ampliación dos viais de acceso ao polígono agrario de asociación das Bouzas, lugares dun elevado tránsito de persoas e vehículos, e con muros desprotexidos de grande altura.

A piques de finalizar os traballos de melloras urxentes, xestión e reducción do gasto enerxético do alumeado público

É un dos proxectos do Fondo Estatal de Inversión Local, e ten un importe de 56.300 €
Consistiu na reducción do gasto enerxético  e na mellora do alumeado público de varias parroquias.
Con estas obras o Concello de Castrelo de Miño dispón de 4 novas travesias luminosas a maiores da xa existente en Alejandro Ferrer.
Estas novas avenidas luminosas [...]

Comezaron as obras de mellora do entorno na praza da Eira en Prado de Miño.

É un dos proxectos do Fondo Estatal de Inversión Local, e ten un importe de 52.229 euros.

Continúan as obras de mellora do contorno dos arredores do cruceiro de Macendo

É un dos proxectos do Fondo Estatal de Inversión Local, e ten un importe de 52.411 €.
Nos vindeiros días finalizarase as obras de mellora do contorno dos arredores do cruceiro de Macendo. Está obra foi desenvolvida en dúas fases, a primeira de elas contou co financiamento da Consellería do Medio Rural, e a segunda que [...]

A piques de finalizar as obras de ampliación do Camiño do Cabo en Freás.

Estanse a realizar nestes intres as obras do Camiño do Cabó, en Freás. Esta obra está incluida dentro do PEIM da Consellería do Medio Rural.
Como se pode observar nas fotografías, con esta mellora das infraestruturas ampliouse o ancho do camiño, chegando nalgunhas zonas a duplicar o orixinal. Asi mesmo xa se comezou a construir o [...]

A piques de finalizar a mellora da fonte de Oleiros.

Este proxecto estaba incluído no PEIM, e contaba co financiamento da Consellería de Medio Rural. Como se aprecia na fotografía, foi engadida tamén unha nova iluminación nocturna.