O concello de Castrelo de Miño continúa realizando investimentos para reducir o gasto enerxético.

Nos vindeiros días vaise proceder á substitución do antigo alumeado no pobo de Barral por un sistema de baixo consumo con xestión computerizada. Esta obra está cofinanciado polo Instituto enerxético de Galicia (INEGA), e o Concello de Castrelo de Miño, cun importe total de 52.873 €.
Anteriormente neste ano 2009 xa se realizaron melloras similiares nas [...]

Apróbanse en Pleno os proxectos que se presentarán ao fondo estatal de inversión local

Supoñen un investimento de 353.446 € e o acordo foi adoptado por unanimidade.
No salón de actos da casa do Concello de Castrelo de Miño, sendo as doce horas do día dezaseis de xaneiro dous mil nove, reuniuse a corporación municipal, a fin de celebrar sesión ordinaria. O principal punto da orde do dia era a [...]

O Conselleiro de Innovación e Industria visita Castrelo de Miño este vindeiro luns 8 de setembro

O Conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco acompañado pola Directora Xeral de Promoción Industrial, Dona Helena Veiguela visitan o Concello de Castrelo de Miño este luns 8 de setembro co gallo da Inauguración da Rede Inarámica Municipal de banda ancha de acceso a internet, Castrelo.net
O acto de inauguración terá lugar no salón de actos do complexo [...]

Iniciase a implantación da rede de comunicacións sen fios, de banda ancha.

A empresa Colabora Ingenieros, adxudicataria do concurso, iniciou estes días a implantación da rede de comunicación sen fíos en Castrelo de Miño, actuación que se puido levar a cabo grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria e o concello de Castrelo de Miño mediante o cal se investiron [...]

Castrelo de Miño na Asemblea da Federación Nacional de Municipios con embalses.

O alcalde e o secretario do Concello de Castrelo de Miño asistirou á Asemblea da Federación Nacional de Asociaciones y Municipios con Centrales Hidroeléctricas y Embalses, que tivo lugar en Madrid este 17 de Decembro de 2007.