O pasado 7 de maio de 2010 e 10 de maio de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 86 e 87, respectivamente a Resolucións do 30 de abril de 2010, da Academia Galega de Seguridade Pública, pola que se convocan o curso práctico na loita contra incendios e o curso de busca e salvamento en montaña e zonas illadas.
Denominación: Curso práctico na loita contra incendios
Tipo: curso práctico.
Horas lectivas: 20.
Modalidade: presencial.
Obxectivos: Dotar o persoal voluntario do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función, conforme o establecido no artigo 46.3º desta lei.
Contido:
1. Equipos de protección térmica
2. Extinción de incendios clase A-B
3. Manexo de equipos ERA
4. Rede contra incendios:
a. Conexión/desconexión; tendido/pregado.
b. Construción de liñas de extinción con mangueiras de diferentes tipos e diámetros, liñas de distribución, protección e ventilación. Montaxe de diferentes sistemas de xeración de espuma. Manexo de diferentes clases de espumóxeno, con indicación das súas vantaxes e inconvenientes.
c. Prácticas estáticas con presión de auga, e adestramento na composición de equipos de extinción.
5. Módulo de igualdade de oportunidade
Destinatarios/as: persoal voluntario de protección civil.
Prazo para a presentación de solicitudes rematará o día30 de maio de 2010.
Requisitos: ter realizado o curso básico de protección civil e o curso sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais antes de rematar o prazo de finalización de presentación de solicitudes.
Denominación: Busca e salvamento en montaña e zonas illadas.
Tipo: curso.
Horas lectivas: 25.
Modalidade: presencial.
Obxectivos: Dotar o persoal voluntario do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función, conforme o establecido no artigo 46.3º desta lei.
Contido:
- Xeneralidades.
- Coordinación do socorro.
- Protocolos de busca. Distribución de tarefas.
- Orografía e cartografía.
- Lectura e interpretación de mapas.
- Principios básicos de orientación e utilización do compás.
- Métodos de busca de persoas desaparecidas.
- Busca en situacións especiais.
- Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso.
- Axentes agresores na montaña.
- Actuacións en situacións de risco vital.
- Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados.
- Consellos prácticos para a prevención de accidentes.
Destinatarios/as: persoal voluntario de protección civil.
Prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 30 de maio de 2010.
Requisitos: ter realizado o curso básico de protección civil.
Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.
Arquivado en: Formación,Proteccion Civil - AVPC












