Descarga o folleto na seguinte ligazón: TES+BUS CASTRELO DE MIÑO
O Concello de Castrelo de Miño fai saber que tras a solicitude realizada desde o Concello á dirección xeral de Mobilidade ponse en marcha o programa de transporte escolar compartido, TES+BUS en Castrelo de Miño, co que se tenta facilitar o desplazamento ós veciños do Concello.
NORMAS DO TES+BUS
- No autobús viaxará unha persoa adulta, normalmente distinta do conductor, que será a que regule a orde no autobús.
- Poderase subir ó autobús en calquera das paradas da ruta escolar.
- Poderase baixar do autobús nas paradas da ruta escolar ou ó chegar o centro escolar.
- O prezo de cada viaxe é de 1 euro
- Os días e o horario do servizo serán os do transporte escolar.
RUTAS E PARADAS:
- Albín –colexio de Astariz:
- Albin – Casardeita – Meizo – San Pedro – Souto – Fea – CEIP Astariz
- Santa María –colexio Astariz:
- Santa María – Pazo – Cortiñas – Cortiñas (tenda) – Barral (praza) – Barral (cruce) – Frieira – Prado – CEIP Astariz
- Noallo- colexio Astariz:
- Noallo – Santo Estevo – Frieira – Parada – Souto – Prado – CEIP Astariz
Arquivado en: Bandos













