O pasado 17 de febreiro 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 32 a Resolución do 9 de febreiro de 2010 pola que se convocan dez cursos sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.
Denominación: Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.
Horas lectivas: 40.
Modalidade: Presencial.
Obxectivos: dotar os integrantes dos servizos de protección civil dunha formación teórico-práctica que lles facilite a realización das tarefas que teñan encomendadas, adquirindo unha especialización na prevención e loita contra os incendios, tanto urbanos como forestais.
Destinatarios/as: os cursos van dirixidos aos integrantes dos servizos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que superasen o curso básico de protección civil.
Desenvolvemento da actividade:
- Lugar: determinarase en función da localización das solicitudes recibidas.
- Datas: confirmarase coa suficiente antelación ao seu inicio.
- Prazo de presentación de solicitudes rematará o 17 de marzo de 2010.
Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.
Arquivado en: Formación,Proteccion Civil - AVPC












