O pasado 16 de setembro 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 182 a Resolución do 8 de setembro de 2009 , da Academia Galega de Seguridade Pública, pola que se convoca unha actividade sobre primeiros auxilios e excarceración.
Denominación: primeiros auxilios e excarceración.
Tipo: curso.
Horas lectivas: 40 horas.
Modalidade: presencial.
Obxectivos: dotar o persoal dos servizos de emerxencias e protección civil de Galicia dos coñecementos e destrezas necesarios en primeiros auxilios e excarceración, co fin de que cando teñan que intervir en situacións de emerxencia o fagan con total seguridade.
Contido: no curso trataranse, entre outros, os seguintes temas:
a) O accidente de tráfico. Sinalización, regulación e avaliación de riscos.
b) Primeiros auxilios. Queimaduras. Traumatismos cranioencefálicos, da columna e torácico-abdominais. Fracturas, escordaduras e contusións.
c) A asistencia de urxencias na nosa comunidade. Transporte do lesionado.
d) Excarceración de vítimas atrapadas no interior de vehículos accidentados.
Destinatarios/as: persoal dos servizos de emerxencia e protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 13 de outubro de 2009.
Desenvolvemento da actividade.
Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.
Horario: 9.30 a 14.00 horas.
16.00 a 20.00 horas.
Data de comezo: 19-10-2009.
Data de remate: 23-10-2009.
Exixencias: o curso vai dirixido aos membros dos servizos de emerxencias e protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que previamente teñan superado o curso básico de protección civil e o curso de 2º nivel de accidentes na estrada.
Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.
Filed under: Formación, Proteccion Civil - AVPC










