O pasado 16 de setembro 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 182 a Resolución do 9 de setembro de 2009 , da Academia Galega de Seguridade Pública, pola que se convoca unha actividade sobre plans de emerxencia municipal: elaboración e implantación.
Denominación: plans de emerxencia municipal: elaboración e implantación.
Tipo: curso.
Horas lectivas: 26 horas.
Modalidade: presencial.
Obxectivos: con este curso preténdese dotar o persoal responsable da elaboración e implantación do Plan de emerxencia municipal dunha formación teórico-práctica que lle facilite a realización de métodos de prevención e planificación necesarios, en función dos posibles riscos a que están expostos os seus concellos.
Contido:
-Estrutura e organización do Pemu.
-Cecopal.
-Cartografía dixital do Plan de emerxencias.
-Operatividade.
-Os arquivos informáticos.
-Catálogo de medios e recursos.
-Tipoloxía de riscos.
-Análise e determinación de riscos.
Destinatarios/as:
-Persoal técnico dos concellos con responsabilidade na elaboración do Plan de emerxencia municipal (Pemu).
-Responsables das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia (presidente, xefe, subxefe e xefe de grupo), que colaboren na elaboración e implantación do Pemu.
Prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 20 de outubro de 2009.
Desenvolvemento da actividade.
Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.
Horario: 9.30 a 14.00 horas.
16.00 a 20.00 horas.
Data de comezo: 2-11-2009.
Data de remate: 5-11-2009.
Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.
Filed under: Formación, Proteccion Civil - AVPC










