Actividades educativas para nenos.

O concello de Castrelo de Miño, cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, está organizando un Programa de Apertura de Centros Educativos fora do horario escolar co cal queremos ampliar os servizos que oferta o concello.

Nesta ocasión pensamos nos mais pequenos do concello e queremos motivalos a que realicen actividades saudables, actividades de habilidades persoais e actividades de apoio á mellora do éxito escolar.

As actividades estarán supervisadas por un monitor e adaptadas ás idades de cada grupo de participantes e, dependendo do número de nenos que participen nas actividades, organizaríanse distintos grupos en varias parroquias do concello.

As actividades comezaríanse a desenvolver o vindeiro 10 de agosto e é necesario que os pais interesados en que os seus fillos participen acheguen debidamente cumprimentada e firmada ás oficinas municipais a solicitude de autorización que se adxunta a maior brevidade posible.

O calendario de actividades sería o seguinte:

10/08/2009

11/08/2009

12/08/2009

14/08/2009

17/08/2009

18/08/2009

17:00-18:00 Benvida e xogos de presentación Xogoloxía Xogos con música Ponte en forma Día Indio: disfraces, tótem, ,,, Xincana deportiva
18:00-19:00 Obradoiro de reciclaxe: animaliños II Obradorio de reciclaxe: animaliños I Roteiro interpretativo Obradoiro de prensa Día Indio: disfraces, tótem, ,,, Oradoiros de xabóns e sales I
19:00-20:00 Olimpiadas Obradorios de cadros de area Roteiro interpretativo Liguilla de xogos populares Día Indio: disfraces, tótem, ,,, Danzas do mundo
20:00-21:00 Olimpiadas Xincana de xogos tradicionais xogos con paracídas Liguilla de xogos populares Día Indio: disfraces, tótem, ,,, Xogos do mundo

19/08/2009

21/08/2009

24/08/2009

25/08/2009

26/08/2009

28/08/2009

17:00-18:00 Xogoloxía Ponte en forma Roteiros e xogos Xogoloxía Xogoloxía preparación da festa
18:00-19:00 Multideporte Obradorio de prensa Roteiros e xogos Obradorio de pinzas Obradoro de modelado Obradorio de cociña
19:00-20:00 Obradoiro de xabóns e sales II Rastrexo Obradoiro de modelado Obradoiro de prensa III Ensaio de bailes e actuación para a festa Festa de despedida
20:00-21:00 Gran Xogo Rastrexo Obradoiro de modelado Xogos con auga Ensaio de bailes e actuación para a festa Festa de despedida

Deixa un comentario

Debe rexistrarse para escribir un comentario.