BANDO 21/2009: OBRADOIROS DE MEMORIA DOS OFICIOS.

Vanse realizar na Aula de Dinamización da Sociedade da Información sita no Complexo de Turismo Náutico a iniciativa “Memoria dos oficios”;  este proxecto consiste nunha videomontaxe feita polos participantes na que se amosarán todos os oficios tradicionais.

Este obradoiro comezaría o vindeiro 2 de xullo e remataría o 30 de xullo.

Para máis información ou para apuntarse ós obradoiros deberán dirixirse á aula de dinamización (teléfono 988493225) en horario de 8.00h a 15.00h ou ben enviando un e-mail ao seguinte enderezo electrónico:

cristina.castrelodemino@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

O que se fai público para xeral coñecemento.

Deixa un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.