O pasado 3 de abril 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 65 a Resolución do 24 de marzo de 2009 pola que se convoca un curso de segundo nivel sobre patrón para a navegación básica (PNB), que se desenvolverá de forma mixta combinando dúas clases presenciais co seguimento a través da internet.
Denominación: Patrón para a navegación básica (PNB).
Tipo: Segundo Nivel.
Horas lectivas: 20.
Modalidade: Mixto, tres clases presenciais co seguimento a través da internet.
Obxectivos: con este curso preténdese conseguir que os/as integrantes dos servizos de emerxencias e protección civil adquiran coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Destinatarios/as: os cursos van dirixidos aos membros dos servizos de emerxencias e protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan realizado o curso básico de protección civil, acrediten coñecementos de salvamento e socorrismo acuático e dispoñan de embarcacións de salvamento nos seus servizos.
Desenvolvemento da actividade:
sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
Horario: clases presenciais das 10.00 ás 14.00 horas.
Datas: 6 e 20 de xuño, e o 4 de xullo clases presenciais. O 6 de xullo o exame na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira (A Coruña) ás 16.30 horas.
Lugar:
Prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de abril de 2009.
Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.
Filed under: Formación, Proteccion Civil - AVPC










