CURSO DA AGASP: Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.

O pasado 17 de abril 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 73 a Resolución do 1 de abril de 2009 pola que se convocan oito cursos de segundo nivel sobre prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.

Denominación: Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais.

Tipo: Segundo Nivel.

Horas lectivas: 40.

Modalidade: Presencial.

Obxectivos: dotar os integrantes dos servizos de protección civil dunha formación teórico-práctica que lles facilite a realización das tarefas que teñan encomendadas, adquirindo unha especialización na prevención e loita contra os incendios, tanto urbanos como forestais.

Destinatarios/as: os cursos van dirixidos aos integrantes dos servizos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que superasen o curso básico de protección civil.

Desenvolvemento da actividade:

Lugar: determinarase en función da localización das solicitudes recibidas.
Datas: confirmarase coa suficiente antelación ao seu inicio.

Prazo de presentación de solicitudes rematará o 14 de maio de 2009.

Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.

Deixa un comentario

Debe rexistrarse para escribir un comentario.