CURSO DA AGASP: Busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

O pasado 6 de abril 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 66 a Resolución do 24 de marzo de 2009 pola que se convocan oito cursos de busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

Denominación: Busca e salvamento en montaña e zonas illadas.

Tipo: Segundo Nivel.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: Presencial.

Obxectivos: dotar os integrantes dos servizos de protección civil e emerxencias dunha formación teórico-práctica que lles facilite a realización das tarefas encomendadas de busca e salvamento de persoas na montaña e zonas illadas.

Destinatarios/as: os cursos van dirixidos aos integrantes dos servizos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que superasen o curso básico de protección civil.

Desenvolvemento da actividade:

Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
Horario: de 9.00 a 14.30 e de 15.30 a 21.30 horas.
Datas: sábados e domingos nos meses de xuño, outubro e novembro de 2009.

Prazo de presentación de solicitudes rematará o 14 de maio de 2009.

Os interesado en participar e que cumpran os requisitos para realizar o curso poderán achegarse ata as oficinas municipais para cubrir a solicitude de participación.

Deixa un comentario

Debe rexistrarse para escribir un comentario.