O pasado 8 de abril 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 68, a Orde do 1 de abril de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (CD221A).
Esta orde ten por obxecto a subvencións destinadas á mellora dos locais das asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o ano 2009, no que atinxe á mellora do equipamento e mobiliario. Para os efectos desta convocatoria, enténdense por locais de asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro aqueles que son propiedade das citadas entidades, sitos en Galicia e que contribúan como sede destas entidades ao espallamento da cultura galega e da nosa identidade como pobo diferenciado.
Serán beneficiarios desta orde as asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes estean legalmente constituídas e inscritas no Censo de Entidades Culturais da Consellería de Cultura e Deporte, con domicilio social en Galicia e que desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia.
A dotación das axudas será:
- Mobiliario, equipamento e material inventariable: Máximo por beneficiario 10.000 euros.
- Acondicionamento e mellora dos locais Máximo por beneficiario 20.000 euros.
A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 30.000 euros, que en ningún caso poderá exceder do 75% do proxecto que se vaia desenvolver.
A documentación a presentar para solicitar dita axuda será:
- Solicitude cuberta consonte o modelo que figura no anexo I desta orde.
- Fotocopia do DNI do solicitante, CIF da entidade e, se for o caso, un poder que habilite para representar a entidade para este efecto, outorgado polo órgano de goberno da entidade.
- Declaración do solicitante das axudas solicitadas ou concedidas (anexo II).
- Memoria explicativa e detallada do proxecto ou proxectos que se vaian desenvolver, en que se xustifique a necesidade.
- Certificado do responsable da institución, comprometéndose a achegar a porcentaxe do orzamento do proxecto que lle corresponda, conforme o anexo III.
- Orzamento relativo o proxecto ou proxectos que se van desenvolver.
- Memoria, asinada polo responsable da institución, en que se describan as actividades ou programas levadas a cabo pola entidade, no ano 2008.
- Memoria da entidade, onde se faga constar a súa traxectoria cultural.
- Documentación que acredite a propiedade do edificio ou local da entidade.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 8 de maio de 2009.
Filed under: Axudas e Subvencións










