O pasado sábado 29 de novembro, e a pesar do intenso frío da tarde, veciños e veciñas de Castrelo de Miño, reuníronse no colexio de Astariz para compartir e sobre todo pasalo ben cos xogos tradicionais. Esta iniciativa foi desenvolvida, polo concello e concretamente a area de benestar co apoio do Centro de Cultural Popular Xaquin Louenzo.
Cativos, medianos e maiores desfrutaron da tarde xogando o pañuelo, a corda, as doas, o trompo… e despois recuperaron folgos nunha merenda.
Podedes ver tódalas imaxes e vídeos premeno enriba da imaxe e en Castrelo.tv.
|
|
| Volta ao pasado. Xogos tradicionais |











