AS TORRES ROMERÍA VIKINGA DE CATORIA IMPONSE AO KAYAK TUDENSE, ESTA FIN DE SEMANA EN CASTRELO DE MIÑO
Os de Catoira leváronse este campionato galego junior e cadete, conseguindo 1.010 puntos e imponiendose ao seu gran rival o Kayak Tudense que se quedaba en 852. En tercer lugar e a bastantes puntos de diferenza quedaba o CN Ou Muiño de Rubadumia. En canto aos ourensanos o mellor foi o Fluvial de Allariz no posto 24 con 49 puntos, o Fontefría de Muiños quedaba de 26, con 21 puntos e a Escola Ourensá Municipal en último lugar con tan só 2 puntos. Este campionato disputouse sobre 1.000 m. pola mañá e 500 metros pola tarde en todas as modalidades K-1, K-2, K-4 E C-1, C-2, C-4. A meteorología foi estupenda durante toda a xornada e a próxima cita co piragüismo en Castrelo será o Cto. Galego pero de categoría Senior o vindeiro domingo 3 de Agosto e no que se realizará a distancia de 200 m. a maiores.
E non podemos esquencer que LUCAS TABARÉS-COSTA MEDALLA DE BRONCE EN 1X ALEVÍN, e que o equipo de remo do Clube nautico de Castrelo de Miño segue colleitando medallas. Nesta ocasión foi o alevín Lucas Tabarés-Costa o que qedaba 3º en 1x alevín masculino conseguindo así unha nova medalla de bronce. Lucas realizou os 1.000 m. de regata en 5´22″ sendo superado polos representantes da Cabana-Ferrol e Miño-Tui.
En 2x cadete masculino Jonatan González e Adrián Branco tamén conseguían un bo resultado quedando en 5º posto cun tempo de 9´00″ a tan só 3″ do cuarto clasificado.
As probas disputáronse desde as 11:00 ás 13:00, coa participación de 14 clubs en 17 modalides nunha xornada estupenda que precede ao Cto. de España A-I-C, que se disputará a próxima semana en Banyoles e cuxa normativa pódese consultar en www.federemo.org
- información extraida da web do Clube Náutico de Castrelo de Miño
Filed under: Deporte










