O Concello de Castrelo de Miño anuncia a convocatoria para á sesión extraordinaria que se celebrará nesta casa do concello polo Concello-Pleno, ás DOCE HORAS (DA MAÑÁ) DO DÍA CATORCE DE XULLO DE 2008, en primeira convocatoria, e, se procedese, en segunda convocatoria, á mesma hora dous días despois.
A partir desta data ten Vd. a súa disposición, na Secretaría deste concello, os antecedentes relacionados cos asuntos que figuran na seguinte:
ORDE DO DÍA:
1º.- APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
2º.- ACEPTACIÓN, SE PROCEDE, DE SUBVENCIÓN CONCEDIDA MEDIANTE RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA, Ó ABEIRO DA ORDE DO 28 DE FEBREIRO DE 2008, POLA QUE SE ANUNCIAN AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A SUBVENCIONAR A REALIZACIÓN DE OBRAS DE CONSTRUCIÓN, ADAPTACIÓN E MELLORA DAS SEDES DAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA.
Filed under: Convocatorias










