Visita Institucional a Castrelo de Miño do Vicepresidente da Xunta de Galicia

Este martes 8 de xullo, as 12:00 h, o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, realiza unha visita institucional ao concello de Castrelo de Miño.
Na Casa do Concello asinará co alcalde, Xurxo Rodríguez, o protocolo de colaboración para a prestación de servizos de igualdade e benestar a través de fórmulas de colaboración estable.

Curso sobre seguridade viaria e seguridade no traballo para condutores de maquinaria agrícola e forestal

A Consellería do Medio Rural, dende a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, realizou en Vide – Castrelo de Miño os dias 4 e 5 de Xullo de 2008, un curso de formación sobre “Seguridade Viaria e Seguridade no traballo para condutores de maquinaria agrícola e forestal”, dirixido a todo o colectivo de [...]