Os municipios ourensáns de Castrelo de Miño, Ourense e Ribadavia únense aos portugueses de Montealegre e Ponte de Lima, para un proxecto que buscará financiamento en fondos europeos e que aúna recursos turísticos, vinculados coa auga, como termalismo e deportes náuticos.
O alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, e o tenente alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, presentaron o proxecto que enviaron á Unión Europea e que contará con resolución en dous ou tres meses, para iniciar as obras previstas en xaneiro de 2009.
O proxecto inclúe, segundo Rodríguez Méndez, accións para potenciar o auga como recurso lúdico, deportivo e saudable en torno a varias ‘bases náuticas’, unha en cada municipio socio, que se intercambiarán deportistas e actividades en torno aos embalses de Castrelo de Miño, Ribadavia e Montealegre, e ríos en todos eles, xa que o Miño baña os da provincia de Ourense e o Limia cruza Ponte de Lima.
Os plans incluídos no proxecto, que evaluará a Unión Europea, precisan 1,8 millóns de euros para poñer en marcha as bases náuticas, fletar un catamarán entre o embalse de Castrelo e Ourense e continuar coa recuperación das piscinas termales, de orixe romana, que están en proceso de rehabilitación no pobo de Santa María (Castrelo de Miño), na beira do río.
O termalismo, segundo Sánchez Vidal, será o recurso que estreite as relacións entre Castrelo de Miño e Ourense, xa que a declaración da cidade como ‘Capital Termal de Galicia’ está concibida en sentido amplo e aberto para dar cabida a todos os espazos que poidan complementarse.
O embalse de Castrelo e o seu club náutico, segundo recordou Sánchez Vidal, están a menos de media hora da cidade e o seu uso forma parte da programación futura relacionada co turismo en Ourense, xunto coa promoción das xuderías que abarca a Ribadavia.
Entre as actividades previstas no embalse de Castrelo de Miño, segundo o seu alcalde, está a celebración, a finais de xuño, do Campionato de España de Remo, nas categorías absoluta, xuvenil e de veteranos, que traerá ‘ata este municipio rural máis de 1.500 deportistas e acompañantes’, agregou.
A presentación do proxecto, que espera ser financiado con fondos europeos, realizouse nunha das plataformas de madeira nas que atracan os veleros e piraguas no embalse de Castrelo de Miño.
Fonte: La Región
Consulta tamén o video emitido pola TVG:












