
Cen concellos galegos celebrarán a “Festa do Deporte” o próximo día 8 de xuño, no que será unha xornada de deporte na rúa para todos e todas baixo o lema “O deporte galego une”.
Castrelo de Miño organiza unha Xornada de Descubrimento Náutico, no Clube Náutico en Cortiñas, onde haberá actividades de Vela e Piragüismo. Comezará a partires das 12:00 horas e entregaranse agasallos para todos os participantes.
Filed under: Deporte










